Págase una dieta de 5 euros diarios para desprazamento.
PUNTO DE ENCONTRO PARA OS MAIORES
De 15:00 a 19:00h abrímos as portas no noso local social de A Mezquita, a todos os maiores do concello . Poderán ir tanto os dependentes como os que non necesitan axuda.
Alí faremos obradoiros de habilidades manuais, memoria, ximnasia pasiva, partidas de cartas, fiadeiros…
XIMNASIA TERAPEÚTICA E AEROBIC
Empezamos en setembro.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Patinaxe artístico, Informática,manualidades….
Empezamos en outubro.
ANDAINAS E XORNADAS MICOLÓXICAS
Si estás interesado chama, levaranse a cabo no mes de outubro e novembro
Este ano como o ano pasado, as actividades impartiranse en horario de mañán e tarde, 11:30-19:00. Os/as nenos/as xantarán no local da asociación (a comida será servida por un restaurantes da zona).
16:30-19:00 h PISCINA (sempre e cando o tempo o permita)
PARTICIPANTES: nenos/as a partires de 5 anos ata 15 anos.
PREZO:
85 ¤ soci@s
105 ¤ non soci@s (no prezo inclúense as actividades e o xantar).
NOTA: O campamento pagarase integro excepto si se falta mais do 50% dos días,nese caso descontaremos o 30% do prezo.
INSCRIPCIÓN
Local da asociación (antigas vivendas dos mestres).
Tlf. 988 423506, 649 98 88 55.
info@ostresreinos.org
Agradecemos que fagades a inscripción antes do30 de xuño.
MAÑÁ, SÁBADO 4 DE XUÑO, SEGUIMOS CO CURSO DE ESCALADA: ÁS 16:00 PARA OS RAPACES E ÁS 17:00 PARA ADULTOS. AO REMATE DO CURSO ESTARÁ ABERTO O PARQUE PARA TOD@S OS QUE QUEIRADES VIR. (ENTRADA: 6¤)
O DOMINGO 15 DE MAIO IMOS ATA A SERRA DO COUREL, A VER O SEU ESPECTACULAR PARQUE NATURAL, E DESPOIS IREMOS ATA O CEBREIRO A VER AS PALLOZAS TAN CARACTERÍSTICAS QUE TEÑEN!!!
SABADO DÍA 30 DE ABRIL : Temos o curso de escalada, lembrade nenos-as ás 16:00 e adultos ás 17:00. Ao remate do curso está aberto ata as 20:00 para todos os que queiran ir.
DOMINGO DÍA 1 DE MAIO: ANDAINA DESDE CÁDAVOS ATA A MOIMENTA (Ida e regreso)
Saimos ás 11:30 de Cádavos e comemos na Moimenta ( non esquezades levar merenda para xantar ao chegar a Moimenta).Este día é a festa da Moimenta.
Este sábado 23 de Abril: carreira de orientación pola Ruta da Prata, e despois escalada e tirolinas no Parque Multiaventura da Devesa de Santigoso. Para rematar cea nun restaurante da zona para tódolos asistentes.
Non esquezas chamar para apuntarte ou mandar unha mensaxe por Facebook.