INAUGURACIÓN
ESPAZO DE DEPORTE NA NATUREZA OS TRES REINOS

CALENDARIO DE ANDAINAS

MARCHAMOS DE EXCURSIÓN!!!!
Este venres, día 19 de marzal, poñémonos en marcha cara Asturias e Cantabria.
Imos visitar Gijón, Mieres (Museo da Minería), Santillana del Mar (Cuevas de Altamira), Comillas, Santander, e coma non o Parque do Cabárceno.
Bo fin de semana a todo o mundo e ata o luns.
TALLER DE REANIMACIÓN CARDIO-PULMONAR

FALAN DE NOS
Buceando na rede, na procura dun artigo que falase do territorio de Os Tres Reinos, atopei este blogue.
Sempre é agradábel que falen ben de nos e que á xente lle guste o traballo que facemos e as iniciativas que levamos adiante. É interesante que leades todo o artigo. A referencia á Asociación Os Tres Reinos está hacia ao final.
(Pinchade na imaxe para que vos enlace coa entrada do blogue en cuestión)
TALLER DE REANIMACIÓN CARDIO-PULMONAR
O vindeiro martes 16 de marzal, de 16:30 a 18:30 terá lugar no local social da Asociación un Taller de Reanimación Cardio-Pulmonar (RCP) organizado pola Cruz Vermella.
A RCP pode ser realizada ata pola población infantil, a partires dos 12 anos de idade.
A actuación durante os primeiros minutos dunha situación como unha parada cardíaca é fundamental, e pode chegar a reducir a mortalidade nun 20%. Cando a circulación se para as lesións cerebrais aparecen despois de 3 minutos e as posibilidades de supervivencia son case nulas despois de 8 minutos.
Animádevos! Agardámosvos!
CONVENIO CO HOTEL-SPA VILAVELLA
A Asociación Cultural Os Tres Reinos ven de asinar un convenio co Hotel-SPA Vilavella, para que aquelas persoas socias podan facer uso das súas instalacións os luns en horario de 16:00 a 22:30 horas polo prezo de 20,00 € por persoa ao mes.
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
A Asociación “Os Tres Reinos” colabora este ano na celebración do Día da Muller Traballadora que terá lugar o vindeiro sábado 6 de Marzo en A Mezquita, organizada pola Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO)
PROGRAMA PROVISIONAL
SÁBADO 6 DE MARZO
11:30.- Chegada das Asociacións participantes.
Para máis información:
988-42.35.06 / 649-98.88.55
asociacion@ostresreinos.org / info@ostresreinos.org
ACTIVIDADES 2.010
Horario coas distintas actividades programadas, de momento, para 2.010.
As actividades para a xente máis nova son sempre no Local Social da Asociación, en A Mezquita.
(Pinchar na imaxe para ampliar)
ASOCIACIÓN CULTURAL OS TRES REINOS E OBRA SOCIAL LA CAIXA
No mes de xaneiro vimos de asinar un convenio de colaboración coa Obra Social Fundación La Caixa.
Aquí tedes un enlace á nova publicada no diario La Región o luns día 1 de febreiro de 2.010.
ESPAZO DE DEPORTE NA NATUREZA OS TRES REINOS
Presentámosvos o Espazo de Deporte na Natureza Os Tres Reinos.
.jpg)
En Enlaces (á esquerda) podedes atopar, valga a redundancia, o enlace de xeito permanente.
Ou pensades que non vai haber máis novas?
Un saúdo.
BLOG 3 REINOS
¡Benvidos/as a nosa WEB e agora tamén ao noso B LOG!
Compartiremos con vos os proxectos que iniciemos e nos que podedes participar.
Tamén desta maneira darémonos a coñecer ao mundo, para que todos/as poidan ver que estamos a facer cultura e dinamización na nosa terra.
Esperamos que disfrutedes desta visita virtual para coñecer un pouco mais a nosa Asociación.
Os datos de contacto connosco son:
ASOCIACION CULTURAL "OS TRES REINOS"
R/ O CASTRO S/N
32549 A MEZQUITA
OURENSE
Teléfono: 988423506
http://www.ostresreinos.org
E-mail: asociacion@ostresreinos.org