Escola de Pais/Nais
Estamos convencidos de que ser pais é unha tarefa difícil, porque sabemos que queres o mellor para o teu fillo e non é fácil encontrar a solución e o camiño a moitas preguntas e desexos.
¿Debemos orientar ós nosos fillos a encontra-la súa meta?, ¿e como?; ¿debe ser noso obxectivo que sexan felices?, ¿ricos en ilusións?; ¿é tarefa nosa a de comunicarnos con eles, escoitalos e que nos escoiten, informarlles sobre as súas posibilidades e limitacións?; ¿como promover actitudes de construir un mundo mellor?; ¿é posible que aprenda a coidar de sí mesmo?...
E seguro que desexamos facelo o mellor posible; sin embargo, non recibimos unha preparación para ser pais. Ante calquera dificultade, ¡temos tantas dúbidas!
Se necesita orientación na tarefa de educar a un fillo e, desta necesidade, nace a Escola de Pais. Pretendemos enseñar a previr os problemas e axudar a encontrar unha solución ós mesmos.
¿E por qué un curso para pais de adolescentes?
A adolescencia é unha etapa da vida moi complexa para os pais e para os mesmos fillos. Prodúcense cambios que removen os cementos do que ata entonces se viviu. É un momento no que non se aceptan consellos e parece que non se quere saber nada dos pais. Éstos, ante esa complexidade respecto a etapas anteriores, non saben como actuar ante o problema e tampouco atopan onde obter a orientación axeitada. O obxectivo deste curso é prestar ese apoio ós pais do adolescente.
Este curso brindarache a oportunidade de profundizar algúns temas nos que estarás interesado. Esperamos que se despexen moitas dúbidas e desperten inquietudes que te movan á reflexión sobre as relacións co teu fillo.
Esperamos aportarche a información necesaria para comprender o comportamento, producto da etapa evolutiva que está atravesando e ter un criterio á hora de tomar decisións. É necesaria entonces, unha gran inversión de afecto.
Con este curso desexamos ser unha guía útil para xenerar unha actitude que apoie a maduración do teu fillo. Esperamos que de esta forma poidas disfrutar da adolescencia do teu fillo e do proceso de crecemento, como unha aventura máis; seguramente unha das máis importantes e fermosas.

PRÓXIMAS REUNIÓNS
- 25 de marzo de 2009. 18:30 h, no Colexio de A Mezquita. Ponente Carlos Calvente Rodríguez. Licenciado en Psicopedagoxía e Mestre de Educación Infantil.
|