Horta-Escola
FINS DO PROXECTO
A finalidade fundamental do Proxecto Educativo Horta-Escola é a de ofertar ós/ás nenos/as un conxunto de experiencias enmarcadas no ámbito do mundo rural e a Natureza;acercalos á comprensión das relacións que se dan no noso entorno e impulsar o sentido crítico no uso dos propios recursos e a súa preservación.No centro desenrolaranse talleres e actividades relativos a este modus vivendi que esmorece.
Trátase de conxugar unha serie de recursos didácticos que posibiliten a consecución destes obxetivos, de presentar experiencias dunha maneira práctica e natural, dentro dun medio agrícola e artesán que favoreza a disposición dos nenos ó descubrimento e a investigación.
As actividades programaranse con criterios de motivación e globalización,para grupos reducidos.O principal centro de interese,a Natureza e o Medio, permanecerá presente en todalas actividades que se vaian propoñendo.
As actuacións e actividades desenvolveranse en base a criterios de sostenibilidade e respecto polo medio ambiente,polo que deberán presentar perante a súa construcción e funcionamento un balance enerxético equilibrado, así como o emprego de materiais e técnicas non contaminantes.
DESTINATARIOS/AS
O Centro Horta-Escola estará orientado fundamentalmente os colectivos escolar e dos xubilados,sen perxuizo de que podia ser utilizado por outros colectivos.
ACTIVIDADES QUE SE OFERTAN
- Elaboración de pan de xeito tradicional.
- Andainas: Ruta da Pana, Ruta da Natureza, Ruta do Penedo dos Tres Reinos
- Compostaxe.
- Obradoiros de enerxías renovabeis.
- Reciclaxe de papel.
- Entre outras.
Para a realización destas actuacións contamos coa colaboración inestimable dun grupo de xubilados da Terceira Idade que colaboran de xeito voluntario na implementación das mesmas.
INFORMACIÓN
Os/as interesados/as en solicitar información ou facer unha reserva poden poñerse en contacto connosco a través da nosa dirección de e-mail: asociacion@ostresreinos.org ou ben a través do Tlf. 988 423506

|