Inicio / Novas > MAIORES

 
 
 

MAIORES

      Facerse maior ten pouco que ver con anos atrás. Hoxe, co incremento da esperanza e a calidade de vida, as persoas de maior idade teñen a oportunidade de afrontar dunha maneira moi distinta o futuro tras a súa etapa laboral, deixando de lado o tópico do maior pasivo que se desvinculaba progresivamente. Os nosos maiores de hoxe en día, son activos, integrados na sociedade e con inquietudes.

  1. XIMNASIA TERAPÉUTICA             

A nosa asociación ofrece a este colectivo cursos de ximnasia terapeútica, para así previr, curar e manter o corpo nun estado de saúde aceptable na terceira idade.  

 Os beneficios son múltiples xa que con esto axudamos a:
- Correxir malos hábitos posturais.
- Aumentar a axilidade e a silueta. 
- Realizar calquera actividade cotiá sen risco de lesións.
- Eliminar dores de espalda.
- Acabar co estrés…. etc. 
Por tratarse dunha actividade física controlada non existen limitacións de idade ou condición física, salvo contraindicación médica.
 
Os exercicios que se realizan son:
·    Exercicios de movilidad articular:para manter a amplitude de tódalas articulacións e evitar a súa rixidez por idade ou lesión.
·   Estiramentos dos músculos e tendóns:para manter e aumentar a súa elasticidade e así evitar que se lesionen a vez que se tonifican os diferentes grupos musculares, realizando contracións mantidas e con bandas elásticas para fortalecer os nosos músculos e así evitar lesións.
·   Exercicios respiratorios:para aumentar a capacidade pulmonar e así asegurar a osixenación dos tecidos en xeral, axudando por outra banda a relaxación do corpo e a mente.
Taller de memoria a través de exercicios prácticos, xogos, lecturas, etc. Nos que se estimula a memoria e o exercicio desta e se dan consellos para manter unha saúde mental sana.

2. TALLER DE MEMORIA        

A través de exercicios prácticos, xogos interactivos, lecturas, etc. estimúlase a memoria, observación, lóxica, etc. capacidades que, co paso  inevitable do tempo, vense mermadas. Ao mesmo tempo estas actividades resultan tamén beneficiosas para crear e fomentar vínculos afectivo-emocionais entre as persoas maiores que participan nos diferentes talleres.                                                                                                                                                                      

 3. RECOLLEITA DE LÉXICO E TRADICIÓN ORAL.

Con esta actividade a nosa intención é motivar á poboación máis envellecida deixando ó final unha herdanza documental sobre as súas vivencias e experiencias. Festas, xogos, alimentación, ditos e costumes, etc.         

4.  PROXECTO EDUCATIVO HORTA-ESCOLA                                                                                                                                                                                                                 

 

 

 

Asociación Cultural OS TRES REINOS